luns 21/09/20
O espazo K acubillou máis de 20 obxectos

Ósos, asta de cervo e carbón para calcular edade

Tras casi dous meses de escavación en Santomé, queda moito por descubrir pero xa hai un espacio que chama a atención pola concentración de achádegos, entre eles unha gran pedra de afiar e varios elementos ogánicos que farán posible unha datación co método do C14 e así o explicou o director dos traballos na charla que pechou o Pint Of Science de 2019 en Ourense

Espazo K e colocación dos achados sobre o chan
Espazo K e colocación dos achados sobre o chan

O espazo K entrou na historia de Santomé pola porta grande. Perfectamente delimitado entre paredes de rocha nai e muros de espazos veciños, o seu interior está marcado polas consecuencias dun incendio, que deixou pegadas no chan e nas columnas. E os achados son tan específicos, que tamén marcan ese espazo como un posible anexo a una forxa.

O director da escavación, Eduardo Breogán Nieto, debullou ese espazo para amosar todo o que apareceu nel dende hai tres semanas. E o fixo na derradeira charla divulgativa do programa "Pint of Science" que estivo en Ourense esta semana, con 6 conferencias de divulgación científica partilladas en 3 días.

Os achados foron seis columnas de pedra (unha delas visiblemente queimada polo estado do granito), un muiño completo (duas pezas) que haberá que estudar por si queda grao ou fariña entre as duas pedras; pico, sacho e maza "idénticos os que usamos nós na propia escavación", detallou Nieto.

Tamén elementos orgánicos: osos aínda sen identificar, carbón (nun espacio que é unha especie de lareira) e un asta de cervo serrada que podería estar en preparación para ser mango de coitelos. Permitirán abordar unha análise para determinar a idade destes restos, pola cantidade de Carbono 14 que queda neles, algo moi específico para o que será necesario enviar mostras a un laboratorio de Seattle (Estados Unidos), según explicou.

Outros elementos metálicos: tres caldeiros (un deles casi esmagado baixo un gran penedo), e varias puntas de frecha, algunha delas de "tipoloxía rara" e outra a medio facer, entre outros obxectos.

A primeira pedra de afiador?

Apareceu tamén unha pía de pedra para conter auga, un coio moi grande fincado de pé utilizado para afiar, e outros elementos que levaron ó arqueólogo a adiantar un posible uso dese espacio K: podería tratarse dun lugar ó que se accedía por unha zona porticada, con unha entrada única cara a estancia interior donde había fogueira.

Podería tratarse, non dunha ferreiría senon dun lugar onde se vivía y se amoreaban obxectos metálicos rotos ou deteriorados destinados a ser refundidos nun forno.Explicou que se botan de menos as escouras propias dos traballos de ferreiro polo que este espazo K podería ser un anexo da forxa.

O que parece claro é que se iniciou un incendio e os ocupantes da estancia tiveron que abandoala de súpeto, pois o lume estendeuse por estructura e cuberta e provocou o seu colapso. Se contamos o que alí ocorreu dende ese momento, sería algo así:

-o lume afecta a elementos de madeira que sustentan a estructura, polo que hai derrube do tellado sobre todo o que estaba no chan.

-sobre as tégulas orixinais, se sucederon outros derrubes ocasionados por movementos de terras feitos por persoas ou pola propia erosión do terreo de ladeira. O nivel de derrube posterior ó do incendio, selou o contido do espazo. O derradeiro derrube foi o primeiro escavado e retirado polo equipo de arqueólogos hai casi dous meses.

E como broche final, o director dos traballos desveou que na véspera da sua exposición diante do público,  apareceron duas moedas: unha delas no propio chan do espazo K, do emperador Constantino II que corresponde a medidados do século IV d.C., e outra en niveles escavados por riba do nivel do incendio e, por tanto, máis recente.

A datación a partires de moedas é bastante directa, anos arriba ou abaixo, e xa temos a data aproximada do lume, a mediados do século IV d.C. O estudo do Carbono 14 pode aportar máis exactitude, e quedamos a espera delo, pero tardará uns meses.

Tamén quedamos á espera do que se atope no espazo I, veciño do K e que o limita polo Oeste. Ese espazo no que xa podemos ver un ventanuco.

Podedes escoitalas explicacións de Eduardo Breogán no video que publicamos en facebook, transmitido en directo durante a sua charla na cervexería O Moucho.

Ósos, asta de cervo e carbón para calcular edade
comentarios