Venres. 19.04.2024
Na escavación e na facultade de Historia

Ao redor de Santomé: visita, fotos, "scape room"

O día 30 de novembro comeza a presentación en sociedade da excavación de 2019 e dos resultados obtidos, tralo remate dos traballos arqueolóxicos de consolidación e restauración
cartazactividadesfinaisTvtela
cartazactividadesfinaisTvtela

Agora sí, toca dar a coñecer todo o atopado, analizado, interpretado. E será con actividades variadas abertas a tódalas persoas interesadas, comezando polos veciños, pasando por estudantes e curios@s e até visitantes, turistas, viaxeir@s chegad@s de calqueira lugar...porque a historia soterrada até agora no Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé é de tod@s.

Sábado día 30 novembro

Tod@s poden participar nunha visita á ladeira do monte "Érbedo" na que se escavou e traballou dende abril de 2019. Os arqueólogos Eduardo Breogán Nieto Muñiz e Begoña Garrido Labrado, responsable tamén do apartado didáctico da escavación. Comezará ás 11,00 horas

Nada máis rematala visita, @s participantes contarán cun taller de fotografía guiado por Rosa Veiga, para sacalas mellores imaxes fotográficas do lugar, tendo en conta a luz e a localización dos espazos e detalles de maior interés. Esas imaxes poderán integrarse na exposición que pechará as actividades e que poderá verse do 9 ó 20 de decembro.

Sábados 7 e 14 de decembro

Xa en decembro, o 7 e o 14  "A chave perdida de Santomé" será o argumento para unha sesión de "scape room" para grupos, que será a única actividade que requira inscrición previa. Plantéxase como unha actividade divertida e de respecto ó patrimonio, non para competir, e con dinámica de cooperación. Dirixida a nen@s de 3 a 12 anos, acompañados por adult@ responsable.

Características e recomendacións:

 - estar na caseta de recepción do xacemento ás 10,45 horas.

 - levar roupa e calzado cómodo e móvil ou trablet con batería pois igual hai que procurar información

 - faranse grupos con diferentes familias e durará aproximadamente 1 hora.

 - se a climatoloxía non permite realizar esta actividade, adiaráse para outro día

Mércores 11 de decembro

Breogán e Begoña serán tamén os encargados de explicar os resultados dos traballos e das analises dos achados nunha charla-coloquio que se completará ca explicación do traballo de comunicación e difusión realizado por Rosa Veiga Alonso e Diego Sánchez Calviño, por medio da revista dixital Tvtelae creada para este proxecto, e polas redes sociais propias de Santomé 2019. Será a partires das 18,00 no salón de Graos do edificio de Ferro (cuarta planta).

Do 9 ó 20 de decembro

Poderán verse os cartaces, as fotografías dos traballos e espazos arqueolóxicos descubertos e as dos visitantes do día 30 de novembro. Esa exposición estará dende o día 9 de decembro na planta baixa do Edificio de Ferro e despois queda dispoñible para colectivos e centros escolares que teñan interese neste contido.

Tódalas actividades son de balde e abertas a calqueira intersad@. Só o "scape room" require inscrición previa (ver ecorreo no cartaz).

E serán o punto final das previstas en relación a actual campaña, na que se desenvolveron, ademáis dos traballos estrictamente arqueolóxicos, os de divulgación e difusión.

Ao redor de Santomé: visita, fotos, "scape room"