Venres. 19.04.2024
O fragmento de cunca mostra o combate de dous loitadores

Unha de gladiadores

Atopouse na campaña arqueolóxica de 1988 e corresponde a etapa altoimperial do poboado galaico romano

sigilatagladiadorb
Escena de gladiadores na sigillata

Películas como Gladiator, Espartaco ou Ben-Hur, a serie de televisión Spartacus, os cómics Astérix Gladiador e Las Águilas de Roma e incluso obras pictóricas como as de Jean Léon Gérôme mostran o interése que aínda na actualidade sigue producindo o mundo dos gladiadores, e por suposto, en época antiga non era menos.

Un exemplo témolo nesta cunca deseñada e producida en serie mediante molde en La Graufesenque (Millau, Francia) en época neroniana (do 54 ao 68 d-C), que se distribuían por todo o Imperio Romano. A través de vaixelas cerámicas de gran calidade coñecidas como Sigillata sudgálica decorada, amosaban, entre outros tipos de decoración, escenas de loita dos espectáculos de gladiadores, coma esta que representa a loita dun tracio contra un murmillo.

DSC_0810

O tracio (thraex) recoñécese polo seu casco, escudo rectangular pequeno (parmula), unha greba en cada perna, unha espada curta e curva (sica) e protección no antebrazo (manica), mentres que o murmillo leva un casco cristado (cassis), un escudo rectangular grande (scutum), unha greba metálica na perna esquerda (ocrea) e unha espada curta e recta (gladius)

Para coñercer máis da peza e dos espectáculos de gladiadores: Ficha de peza do mes

Unha de gladiadores