sábado 28.03.2020
Cando [email protected] durmen, outro Santomé esperta

O Santomé invisible ós ollos

A aldea de Santomé está habitada, aínda, por algunhas persoas que medraron alí mesmo con historias arredor de casiñas habitadas por "mouras" e outros contos fantásticos, que enriqueceron despois a infancia dos seus fillos e [email protected]

Trisquel fantástico sobre Santomé
Trisquel fantástico sobre Santomé

A actual aldea de Santomé está a cen metros da zona escavada que estivo habitada, alomenos, entre os séculos I e IV d.C. Estamos na procura do momento histórico en que apareceu nos mapas, pero dende que está aí, os seus habitantes souberon das "casiñas" do monte Erbedal e inventaron historias arredor delas.

Nesas ladeiras sobre o río Loña, @s veciñ@s traballaron leiras de patacas, cepas e piñeiros até os anos 80, e sabían que baixo todo elo había valados levantados por outras maos humanas e vestixios de outras vidas.

As historias e contos dos maiores da casa servían igual para meter medo @s [email protected] como para axudarlles a durmir. O mesmo lles falaban de "grandes pedras na leira do señor José Luis que si caen, deixarán libres ás mouras que están alí metidas", como de unha mina de ouro e outra de alquitrán que @s puña a [email protected] a facer de descubridores e a soñar con achádegos fantásticos.

Adela Sánchez vivíu na aldea toda a sua vida e tanto ela como a sua familia lembran que as "mouras" eran "señoritas moi, moi guapas" de longo pelo loiro, que algúns viran sentadas na "na pedra da moura" mentres peiteaban as longas guedellas cun cepillo de ouro.

Nas suas vivencias fantásticas, @s [email protected] contábanse entre [email protected] que si alguén falaba ca "moura" ela daríalles ouro, e así ocorrera xa con algún veciño que atopara cántaras cheas do metal dourado.

Os máis pequenos do lugar tamén atopaban "goteiros" que eran penas con pía na parte superior, na que se amoreaba a auga de choiva e facía formas nas que eles vían o mapa da cidade de Ourense. O máis grande destes "goteiros" lémbrano carreiro abaixo, dende o castro, preto do lugar que chamaban A Moreira.

E máis abaixo, xa no río, as "cántaras" de pedra eran un lugar temido porque "os antigos decían que o primeiro que se bañase nelas, desaparecería para sempre por obra e gracia do espíritu santo".

Entre o castro e o río, aínda había espazo para un fantástico túnel que conectaría as "casiñas" co cauce do Loña, e un pequeno abrigo coñecido como "a cova dos mouros", lugar de xogos e, despois, de historia real documentada e vencellada a posguerra. Os veciños aínda lembran nome e apelidos dos que se refuxiaron nel até que foron descubertos pola Garda Civil da época que os fixo sair dela queimando xofre na súa entrada.

Adela lembra, para quen queira escoitala, que na primeira escavación dos anos 80, removeron toda a terra e quedou ó descuberto todo o que lle falaran a súa avoa, Josefa Soto, e a súa nai. Ela sentiu nese momento que "as historias que contaban non eran para meter medo na casa, senon que todo era verdade".

Trisqueis, "casiñas", forxa, vidros, pedras de afiar, pesos de tear, pesos de redes de pesca, recipentes variados de uso doméstico, puntas de frecha, lagares, moedas...son vestixios visibles de vida en todalas ladeiras dese outeiro que xungue dous pobos chamados Santomé.

O Santomé galaico-romano, tamén permanece no invisible, na imaxinación e creatividade dos seus poboadores actuais, que somos todos nós.

O Santomé invisible ós ollos
comentarios