Venres. 26.04.2024
Santomé 2019 tamén se escava desde o aire

Un arqueólogo con vista de paxaro

O operador de dron Víctor Vázquez, especializado no seu uso en arqueoloxía, amósanos as vantaxes dun compañeiro tecnolóxico que chegou para aportar moito en investigacións e escavacións arqueolóxicas.

Dronista
Víctor Vázquez e o seu fiel compañeiro

Ata a chegada dos drons, facer unha fotografía ou vídeo aéreo dun xacemento requería a contratación dun helicóptero, avioneta ou globo cautivo e máis un operador de cámara, converténdose en algo moi caro e pouco práctico, polo que se utilizaba en casos moi especiais. Mais agora, cun destes aparellos como o DJI Phantom 4 Pro que utiliza Víctor, pódense facer en 5 minutos voos que nos amosen unha visión completa do xacemento e que axuden a súa interpretación e contextualización.

O uso do dron en escavacións arqueolóxicas é unha disciplina bastante reciente, na que Víctor Vázquez vai abrindo camiño desde fai dous anos. Grazas a súa experiencia anterior traballando en escavacións arqueolóxicas decidiu formarse como operador de dron e investigar sobre os usos e posibilidades que ofrece o uso deste aparello neste eido.

Dronista2

Víctor Vázquez en acción

En voos de recoñecemento pode identificar estruturas existentes ou mesmo indicios, a través por exemplo da agrupación de vexetación (as xestas crecen sobre terra removida como no foso dun castelo, a terra onde houbo ocupación humana é máis rica en fosfatos e polo tanto máis vizosa, ou as silvas acostuman a crecer sobre muros,...)

A precisión dos voos e a calidade das imaxes (4K) permite a realización de fotogrametría (mapas creados mediante fotografía aérea) e ortofotografías (fotografías xeorreferenciadas e correxidas que permiten facer medicións exactas), moi útiles para o equipo de restauración ou para facer o modelado ou recreación virtual en 3D.

E por suposto a nivel divulgativo permite a toma de fotografías e vídeos cunhas perspectivas diferentes e que os fan moi interesantes para o público xeral.

Un arqueólogo con vista de paxaro