luns 21/09/20

Reconstruír Santomé...en 3D

A tecnoloxía de modelado 3D e os datos recadados polo equipo de escavación permiten a recreación virtual fidedigna de edificacións e obxectos

Diego Blanco traballando na Porta da Aira
Diego Blanco traballando na Porta da Aira

Diego Blanco é hoxe un experto en modelado de arquitectura en 3D, pero fai 20 anos era un estudante de informática apaixoado por unha tecnoloxía todavía emerxente e moi descoñecida. Un dos membros do equipo da escavación realizada en Santomé no 1999, o debuxante Paco Boluda, sabía desa interese e retouno a traballar en arqueoloxía 3D.

Diego Blanco aceptou, e cos medios da época fixeron a primeira modelaxe e vídeo 3D arqueolóxico en Galicia, e dos primeiros a nivel nacional. Hoxe, cando ve aquel traballo sinte unha mezcla entre orgullo, polo novidoso do feito naquel momento, e vergoña, debido ao gran avance tecnolóxico e a mellora actual dos resultados en canto a iluminación, texturas e realismo.

3D1999Casas e pezas reconstruídas en 3D no ano 1999

Pero ademáis, este traballo serviulle ao equipo de escavación para descubrir as posibilidades que ofrece o modelado 3D en arqueoloxía: cos datos obtidos polo equipo de campo, o especialista en 3D é capaz de facer unha reprodución 100% fidedigna, o que permite facer reconstrucións, analizar técnicas constructivas, corroborar teorías de uso,...pois disponse dunha "maqueta dixital" montable, desmontable, visualizable desde todos os ángulos, seccionable,... e o mismo se pode facer coas pezas atopadas. Incluso a través dun anaco pódese facer a peza completa.

Todo un abano de posibilidades que medrarán nun futuro con posibilidades como a creación de arquivos de arquitectura perdida ou poder visualizar unha cidade en distintos períodos da súa historia.  Ademáis, combinado coa impresión 3D permitirá desde facer moldes de conservación plenamente adaptados ás pezas, a imprimir reproducións ou facer soportes variopintos para a exposición dos achados.

A arqueoloxía e o 3D teñen moito futuro!

Reconstruír Santomé...en 3D
comentarios