Sábado. 20.04.2024
Comeza a fase de análise e interpretación de achados

O Santomé que veremos

Pasaron tres meses intensos de talas, desentullos, escavación, consolidación, siglado, construcción de pistas de acceso e destrucción delas para facer outras no solcaco seguinte, fotografías aéreas e terrestres, tratamento de imaxes, lavado e separación de pezas, observación e estudo de estruturas. Baixo tódalas opcións climáticas posibles, salvo neve.

Enrilavadopezas
Traballo de lavado de pezas no museo arqueolóxico

Á vista está un Santomé Sur cheo de espazos de vivenda e traballo, arte, rúa empedrada, nivel de chan queimado, anaquiños de chan romano, canles de uso descoñecido aínda, columnas, basas, muros cruzados e interrumpidos entre sí, ocos e fiestras entre espazos, grandes soleiras e lumieiras.

Aparte hai outras 1000 pezas ou cachiños sigladas (identificación da unidade estratigráfica, lugar, día do achado e número de peza) e máis de 10.000 anacos que aparentemente non aportan información algunha pois non teñen elementos decorativos, nin forma concreta, todas elas rexistradas (identificadas) pendentes de estudo tamén.

Hai achados líticos (de pedra), metálicos e cerámicos. Entre os primeiros xa coñecemos os "protobifaces", muíños, unha pía e tres trisqueis diferentes entre sí.

Os metálicos comprenden os caldeiriños, as puntas de frecha de ferro e bronce, ferramentas romanas e outras máis actuais, posibles remaches de adornos, moedas, casi todo elo no espazo K que comprende unha zona porticada e outra para traballos de forxa, e posiblemente un forno. Pero tamén apareceu una fíbula de bronce no sector inferior.

O máis abundante, aínda que non tanto como se esperaba, foi a cerámica común, que é a que se usa nas vivendas para uso cotiá e para almacenaxe, e moi poucos anacos de cerámica "sigillata", algúns posiblemente correspondentes a unha mesma peza que tentará reconstruirse.

E que vai pasar con todo esto? Pois tralo remate da escavación pura e dura, no mes seguinte seguirán os traballos de lavado, secado e rexistro no museo arqueolóxico, onde irán parar tódolos achados.

Seguiralle unha análise máis ao detalle de todo o achado, para descubrilas conexións e relacións entre as unidades estratigráficas descubertas e as diferentes pezas rescatadas.

Unha combinación de observación detallada no propio conxunto arqueolóxico natural de Santomé e a das pezas recollidas, permitirá comenzar a facer hipótesis e obter posibles conclusións arredor da historia destapada.

No proceso de interpretación do xacemento contarase coa axuda das imaxes obtidas con dron durante toda a escavación e as reconstruccións de volumes posibles con tecnoloxía 3D. Haberá unha selección de materiais que se enviarán a laboratorios externos, no caso de que se considere que a información que poden aportar sexa significativa para interpretar o xacemento, como ocorre coas diferentes mostras de terra, ósos e cornos de cervo.

A información que resulte pasará a un informe "valorativo" que irá acompañado da interpretación e dunha proposta museográfica.

Esta proposta será a que poderemos ver en paneis e imaxes explicativas cando remate a campaña, sobre un terreo escavado que aínda ten que ser acondicionado para recibir futuras visitas.

Terceiro trisquel atopado en Santomé sur, diferente ós outros dous

            Terceiro trisquel de Santome sur, achado nesta mesma semana

O Santomé que veremos