luns 21/09/20
No concello de Ourense hai catalogados cinco castros

Os castros veciños de Santomé

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé e o único que ten a sorte de estar escavado, investigado e conservado en boas condicións, pero no territorio que hoxe comprende o concello de Ourense están catalogados outros catro castros.

Castros de Ourense
Castros de Ourense

Antes de que a "hoya" ourensá fose elixida como lugar de asentamento, os outeiros que conforman a súa contorna xa estaban ocupados por diferentes poboados da época castrexa, e seguramente xa facían uso das augas das Burgas, puidendo considerarse unha das orixes da cidade de Ourense.

Santomé é o único deles que está escavado e investigado, os outros catro simplemente están identificados e catalogados, e o seu estado está moi distorsionado por elementos modernos. O máis cercano a cidade é o de Oira, moi modificado polo crecemento urbanístico ao seu redor.

Santomé desde Valdegola

Santomé visto desde o castro de Valdegola (Eiroás, Cudeiro)

O castro de Valdegola sitúase en Eiroás (Cudeiro) a carón do Centro de Tiro Olímpico e tamén está moi modificado por dous grandes depósitos, máis unha instalación eléctrica. Seguindo esa carretera e pasando Vilar de Astrés chegaríamos ao castro de Madrosende, o de máis difícil acceso e igualmente afectado por unha torreta electrica.

O último deles conserva o nome do lugar "Castro de Beiro", pero no lugar que un día ocupou o castro hoxe atópase a igrexa de Santo Andrés de Castro de Beiro, co seu cemiterio e casa parroquial, que si ben merecen unha visita, eliminaron prácticamente todo rastro de ocupación castrexa.

Os castros veciños de Santomé
comentarios