Mércores. 24.04.2024
Barro cocido, "opus signinum" e outros pavimentos

Cos ollos nos chans de Santomé

En palabras de Plinio o Vello, "opus signinum" é un morteiro ou masa formado con "tegula" ou tella en anacos, tamén coios ou outras pedras machucadas, area e cal, en diferentes combinacións para diferentes pavimentos, según o tipo de estancia no que esté.Pero non é o único pavimento posible nun poboamento romano, e Santomé xa ten mostras de varios dos tipos coñecidos.

 

 

dav
dav

"Opus signinum" é unha "obra" procedente "de Signia", e trátase dun traballo realizado con ese morteiro que tivo orixe nas oleirías da cidade italiana actual de Signe, antes Signia. Para @s arqueólog@s, ese dúo de palabras en latín fala dun pavimento que é achádego habitual nunha escavación, como ocorre cas pegadas de cans en tegulas, as fíbulas...

E este xeito de botar chans chegou a Santomé, alá polo século IV, e apareceu hai uns anos, nas primeiras escavacións no barrio norte, nunha estancia da casa de duas alturas que na planta baixa ten un "trébede". A carón desta, noutra estancia apareceu "opus signinum" que parece corresponder ó utilizado para cubrilo chan dun taller de metais.

É interesante coñecelo tipo de chan porque pode indicar o uso que se lle deu a estancia que o tén.

En Santomé Sur apareceu tamén. Hai uns días quedou ó descuberto un anaco de pavimento "opus signinum", neste caso elaborado con cachos ben visibles de coios e extendido de xeito que non se ven as esquinas entre chan e paredes, senon que o pavimento sela esa zona e tapa as aristas. Ese detalle é coñecido no sector como "cuarto de bocel", e fai que este morteiro se denomine "hidráulico" pois pode conter ou reter líquidos.

Este mismo tipo de chan impermeable apareceu na escavación doutro espazo situado no sector sur, o que está máis preto do río Loña.

A medida que avanzan os traballos, van saíndo a luz novos chans, como os de sinxelo barro cocido. Ocorreu no espazo K (sector superior), baixo a capa de terra queimada xa documentada, onde comeza a verse ese pavimento.

Barro cocido está visible tamén noutro espazo do sector inferior (sur) que podería estar adicado a almacenaxe, según a primeira análise.

Pero todo o que poida saberse trala aparición destes chans, coñecerémolo nunhas semanas, cando se desenvolvan os traballos de laboratorio, co estudo e análise dos datos obtidos.

dig

Anaco de pavimento de barro cocido, no sector inferior de Santomé Sur, hai uns días

Cos ollos nos chans de Santomé