Venres. 29.03.2024
Todo o proceso de "anastilose" dende a investigación até a reconstrución

Como restaurar valados de 2000 anos?

Unha escavación como a de Santomé pon en marcha numerosos e variados traballos, tantos como elementos hai para estudar.

23-1, 23-2, 23-3
23-1, 23-2, 23-3...

Tanto as estructuras (valados), os achádegos peculiares e os achádegos masivos (tégulas, cerámicas corrientes) , presentan variacións que xustifican numerosas labores detalladas e minuciosas nas que as maos contan con apoio tecnolóxico: dende unha "batidora" para facer morteiro, até apuntes de fotogrametría para ter constancia de absolutamente todo.

O equipo de arqueólog@s atopouse no espazo que chaman "K", con un valado, chamado "23", moi debilitado polo paso do tempo, a humidade e as presións das capas que tiña por riba del. Restauradores/conservadores puséronse maos á obra.

Constataron que non sería suficiente conservalo, así que tomaron a decisión de restauralo, e ese proceso ten un nome propio: "anastilose documentada". Esas duas palabras aluden a un traballo complejo e detallista que comeza co rexistro de todolos elementos do valado que hai que restaurar:

-Fotografías por todolos lados posibles (neste caso, o valado ten a sua cara posterior pousada sobre unha rocha nai).

-Investigación e documentación exhaustiva arredor deste tipo de construción e os seus compoñentes.

-Dibuxo ou imaxe de fotogrametría do valado. Neste caso, Carmen encargouse do croquis minucioso e das notas sobre detalles peculiares para telos en conta no "remontado" da estructura: si hai ou non cachotes de pedra (ripio) no morteiro, se as primeiras fiadas da base son iguais ou diferentes ás superiores...

-Desmontaxe do valado pedra a pedra, e identificación de cada unha (siglado) co nome do muro e a posición que ocupa nel (23-1, 23-2, 23-3 e así até casi 30).

E todo elo para tentar comprender ó primeiro canteiro que traballou neses valados, e que seguramente coñecía as fórmulas que o arquitecto Vitrubio recolleu no seu "Tratado de Arquitectura" no século I a. de C, porque eran as básicas no sector da época. Así, a mestura base é de 3 partes de area, 1 de cal e auga.

E así puido comezalo remontado que tentou reproducir o que ocorreu no mesmo lugar hai casi 2000 anos: as pedras manteñen o siglado e colocáronse no mesmo lugar que ocupaban, o morteiro preparouse no momento ca fórmula escollida e a proporción de pigmento adecuada para que a cor obtida sexa un ton por debaixo do orixinal, para que sexa "discernible".

TRUQUIÑO PARA OS APRENDICES: O criterio de que ten que ser "discernible" aplícase a toda a estructura: un morteiro un pouco máis claro cas pedras que une indica que a "masa" é unha reprodución do orixinal, e no caso da parede, si se restaura unha altura máis do que había no orixinal, tamén se distinguirá do resto porque se marca con unha peza actual de lousa (pizarra).

E á vista quedou o resultado.

Comeza o remontado do valado

Como restaurar valados de 2000 anos?