Venres. 26.04.2024
Conversamos cos veciños e veciñas de Santomé sobre a súa visión pasada, presente e futura

Falando coa veciñanza

Santomé é mais que un castro, é tamén unha aldea a carón do Conxunto Arqueolóxico Natural, co que os seus habitantes levan moitos anos convivindo. Conversamos con eles para coñecer as historias, inquedanzas, problemáticas e expectativas  

begob3
Begoña Garrido explicando á veciñanza o traballo en Santomé 2019

"Cando eramos novos, todo eran fincas cultivadas e bosque para ir apañar a leña, incluso se baixaba ata o río para coller auga"

"Moitas veces ao traballar á terra ou xogando pola zona atopabamos pequenas pezas, sobre todo cerámicas, pero non se lle daba importancia" 

O pasado venres 26 de abril, a compañeira Begoña Garrido reuníuse con veciños de Santomé para conversar sobre os seus recordos, contarlles en que consiste a escavación de 2019 e botar unha pequena mirada cara o futuro para saber como lles gustaría ver Santomé.

begob4

A primeira parte tivo un sentimento nostálxico, na que os máis maiores recordaron os seus lugares de infancia, tanto de traballo como de xogo, a paisaxe daquela época e o posterior e progresivo abandono. Recordos tamén da chegada de Manuel Blanco Guerra e o descubrimento de que eran veciños dun importante castro.

A análise do presente foi a máis intensa; estar tan preto do espazo arqueolóxico é un motivo de orgullo pero ao mesmo tempo faino culpable dalgunhas das súas incomodidades como habitantes do lugar. O traballo está aí, que a convivencia do "Santomé arqueolóxico" e o "Santomé vivo" sexa positivo para todos.

Notan que cada vez hai máis xente que sube ao castro, paseando, de visitas culturais,...e polo tanto hai que mellorar os servizos (aparcamento, accesos, sinalización) e verían moi positivo integrarse máis co río Loña e incluso coa zona de Carroleiro, ao outro lado do río.

Moitísimas grazas aos veciños e veciñas que participaron nesta reunión: Santomé ten un gran pasado e pode e debe ter un gran futuro!

Falando coa veciñanza