venres 27/11/20
Unha burata entre ríos perfecta para vivir

A “Hoya” ourensá, con outros ollos

A "hoya" ourensá desde o miradoiro de Santomé
A "hoya" ourensá desde o miradoiro de Santomé

Os habitantes do castro de Santomé, indíxenas galaicos e romanos, igual que outros castros arredor da actual cidade de Ourense, souberon antes que ningúen da nosa familia o que pode ser unha “hoya”, si se fala de paisaxe ou relevo.

Non tiñan que camiñar moito para ver, dende cada castro, un espazo afundido entre outeiros que ofrecen acubillo e defensa, e regado por varias correntes de auga que hoxe chamamos ríos Miño, Barbaña, Loña, que foron deixando, en milleiros de anos, varios niveis de socalcos cos sedimentos amoreados por eles.

O espazo xeolóxico orixinado chámase “hoya”, algo así como burata, e puido ser para os castrexos, paisaxe para os ollos e, para os seus descendentes, lugar para vivir, abastecidos polas vizosas terras que os rodeaban.

hoya2            A burata de Ourense dende o monte do Seminario, Santomé ó fondo                                           

Pero a nosa burata resultou ser un paraíso porque ademáis de protección e regadío, ofrece o recurso extraordinario das augas termais procedentes do subsolo, e outro moito máis práctico: nesa burata confluíron camiños e vías de comunicación, convertíndoa en destino ou lugar de paso cara outras terras, salvando os cauces polas pontes construidas en cada época.

E aí atoparon, hai máis de 2.000 anos, o entorno perfecto para vivir: terras de labor enriquecidas polos depósitos de sedimentos dos ríos, solcalcos que permiten o aproveitamento do terreo encostado, augas termais que facilitan a vida polos seus beneficios para a saúde, un lugar apetecido por transeúntes e comerciantes, que levan as ideas, productos e novas doutros lugares, e, por riba, un lugar de culto para manter contentos a deuses e deusas da natureza.

A “Hoya” ourensá, con outros ollos
comentarios